Xoán saíu do
traballo ás catro, conque ata as cinco non puidemos ir ao teatro. Lola sabía
que eu estaba entusiasmada e chamoume para preguntarme que tal:
- Con
que roupa vas ir?- Lola sempre pregunta polo vestiario.
- Pois o
vestido ese con que fun ás festas- Dixen eu.
Seguimos falando
un pouco da función á que ía e para despedirse dixo:
- Con
que o pases ben abonda. Deica logo. Xa me contarás que tal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario