xoves, 17 de decembro de 2015

DÚBIDAS LÉXICAS



Onte tiña moito sono e fun á cama cedo, no medio da noite espertei porque tiven un soño terrible. Desenvolvíase nunha praia, alí estabamos toda a vila. Todos o estabamos pasando moi ben, desenrolamos a toalla para sentarnos. Tivemos que invertela, puxerámola ao revés.  Eu afogábame sen que ninguén me puidera socorrer, non sei como pero afogábame.

Á parte do soño, tamén vos vou contar que toda a vila investiu nunha asociación solidaria, aínda que hai xente que non participou, eses quedan á parte.

martes, 15 de decembro de 2015

A ESCRITA DOS NÚMEROS

-Podes darme o teu número de teléfono, xa sei que o perdín máis de dez veces pero...
-Vale... Pero é a última vez que cho dou. Tes onde anotar?
-Si.
-Anota 678901234. Telo?
-Si , grazas. Outra cousa, canto che daba o exercicio dous de Matemáticas?
-A min 2'5m pero non creo que me vaia ben.
-A min tamén me daba iso. De que quedaches na carreira?
-De cuarto, pero non estou contento levaba adestrando moito...
-É boa posición, eu se correse quedaría de último. Cando é a seguinte?
-O 24 de xaneiro, sabías que é a San Nicolás III?
-Non, xa levan tres?
-Si, déixote que vou adestrar.
-Deica logo.
-Adeus.

MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

No hospital de Ourense, CHUO, estabamos esperando polo doutor D. Xoán Vázquez, mentres eu lía Cousas e miña nai lía La Región. Ese día iamos ao médico polas miñas dores do pé.
O señor Xoán Vázquez é moi amable, e como sabía que eu mañá tiña exame de Matemáticas, deixounos entrar antes.
Era xoves, un xoves chuvioso de primavera e o doutor estaba alegre, ata nos explicou unha curiosidade que lera ese mesmo día, era algo do norte e do sur. Pero xa non me lembro…

NA VILA VIVÍA UNHA SEÑORA QUE NINGUÉN COÑECÍA

Na vila vivía unha señora que ninguén coñecía. Era unha muller coma outra calquera: traballaba na súa horta, coidaba das vacas, alimentaba ás súas galiñas... Porén ninguén sabía quen era a muller. Cando había misa, alí estaba ela, coma calquera outro veciño. Chegaba, sentaba, rezaba, e, ao acabar a celebración, conversaba con todos os da aldea; e, cando cada un marchaba para a súa casa a comer o xantar, todos ían dicindo:
-“De onde será a señora esa, que sempre a vexo na misa?”
E así, día tras día, ano tras ano, viviu a señora nesa aldea na que ninguén a coñecía, acompañada dos seus animais, e falando cos veciños só cando había algunha celebración, algún enterro, ou cando a señora saía a pasear e se atopaba con alguén.


Un día a señora non foi a misa e todos se preguntaron polo seu paradeiro. O cura chegou tarde con moita mágoa dicindo que a señora Antonia falecera esa mesma mañá. Ninguén dixo nada. Ninguén sabía quen era a señora Antonia. O único que souberon foi que a señoriña que ía a misa todos os días sabe Deus dende onde no volvera aparecer pola vila, e comezaron a botar de menos as súas amables palabras; ata que se esqueceron dela por completo. 

mércores, 14 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?


Iria? Claro que a coñezo; creo que ten o pelo ondulado, sempre a confundo coa súa irmá. Sempre anda cos seus dous cans: Timmy e Pitusa. E xoga moito cos rapaces da aldea. Creo que quere ser veterinaria porque lle gustan moito os animais. Gustanlle as series Anatomía de Grey e as policiais. Gústalle a neve, sempre que neva anda fóra. Quere viaxar, pero non ten un lugar preferido. De que a coñezo? É miña veciña, vive en Froufe.

(Adolfo, 80 anos, veciño)



Se coñezo a Iria? Como non, e das poucas rapazas a aldea. Gústanlle moito os animais, creo que quere ser veterinaria. Sempre xoga cos rapaces do lugar e anda por aí cos cans. Gústalle ver chover e nevar, sempre mira pola fiestra. Quere viaxar, pero a tantos sitios que non decide cal será o primeiro. Iso me conta cando nos vemos, nas comidas familiares, na compra ou de paseo, sabe? Adoito vela a miúdo. É moi alegre e amable, sempre saúda a todo aquel co que se atopa. E iso é todo o que lle podo contar.

(Carmen, 73 anos, tía- avoa)